Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fotodesfeita: 3 anos de inaudito abandono do Concello de Muxía ás Caldeiras do Castro

Fotodesfeita: 3 anos de inaudito abandono do Concello de Muxía ás Caldeiras do Castro
Fotodesfeita-Abandono Caldeiras Castro-Muxia Así están as varandas que quedan nas Caldeiras do Castro Fotodesfeita-Abandono Caldeiras Castro-Muxia 2

Inconcebible parece o desdén do Concello de Muxía perante a reuinosa situación dunha das xoias naturais. O abandono reiterado das Caldeiras do Castro (as fervenzas do lugar de Trasufre) parécenos unha demostración da parálise municipal que vive o concello da Barca.

Este verán, en plena temporada de visitantes, ademais dun incendio que acabou con parte do valado de madeira que malamente sobrevivía tras 3 anos de abandono (así o denunciamos en setembro de 2016 emais en abril de 2017), tivo lugar ata un accidente que se saldou cunha perna rota e unha evacuación en ambulancia.

Hoxe en día, quen se queira achegar a pasar unha tarde de verán a esta incrible paraxe terá que xogarse o tipo, pois é un verdadeiro perigo.

Novas relacionadas

Máis novas

https://quepasanacosta.gal/o-modesto-patrimonio-por-que-lle-chaman-as-caldeiras-do-castro/

Comentarios