Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fotodesfeita: a destrución da Fonte da Pel

Fotodesfeita: a destrución da Fonte da Pel
Estado actual da Fonte da Pel en Muxia trala sua destrucion Estado actual da Fonte da Pel en Muxía trala sua destrucion

Hoxe é o BNG de Muxía o que nos envía unha imaxe en forma de denuncia. E faino considerando moi grave a situación da Fonte da Pel, na contorna da Barca. Denuncian o “paradóxico discurso do alcalde”, pois “mentres se fai un discurso baldeiro sobre a importancia turística e cultural da prolongación do Camiño de Santiago, un dos lugares emblemáticos deste, a contorna da Barca, destrúese, degrádase ou afea sen misericordia coa indiferencia do actual goberno municipal”.

A Fonte da Pel, chamada así porque era nela onde se bañaban os romeiros e peregrinos que se dirixían ao Santuario da Barca, nunca foi sinalizada e posta en valor. “Esta situación de abandono completouse estes días coa súa destrución, porque alguén pensou que este acto vandálico non tería consecuencias. E non foi un intento de reconstrución dos danos causados polos temporais, foi un acto deliberado de destrución”.

Por iso, esixen ao goberno municipal que “abandone a súa política de mirar cara outro lado ante as agresións ao noso patrimonio cultural e natural.

Asi estaba a Fonte da Pel en Muxia Asi estaba a Fonte da Pel en Muxia

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Fonte

Comentarios