Mércores. 14.04.2021
El tiempo

Os grupos do BNG de Cee e Muxía solicitan unha verdadeira reforma da estradaa Touriñán

Estrada a Tourinan
Así está a estrada a Touriñán
Os grupos do BNG de Cee e Muxía solicitan unha verdadeira reforma da estradaa Touriñán

O pasado fin de ano realizábanse as obras de mellora da estrada a Touriññan, tras anos de demandas veciñais. Pero xa aqueles primeiros días do ano a veciñanza notou que as obras non eran as que imaxinaban. Pronto saltaron á palestra os grupos BNG para formular as súas dúbidas sobre a calidade das obras, e mais o do PP pedindo unha “reforma decente” da estrada.

Hoxe volven ser os voceiros do BNG de Cee e Muxía, Serxio Domínguez Louro e Carlos Fernández Concheiro, os que soliciten melloras de verdade á Autoridade Portuaria.

Os grupos lembran que unha vez executada a obra, a vía pasará a ser propiedade de ambos concellos, co que o mantemento e conservación pasará a ser das dúas administracións, “motivo mais que suficiente para asegurarnos que a obra quede en condicións e asegure polo menos dúas décadas de vida sen ter que nela actuar”.

Dende o BNG solicitáronlle aos grupos socialistas que gobernan nos dous concellos afectados, que entablase relación coa Autoridade Portuaria, da que por agora, non se ten constancia, polo que solicitan:

  • ”É preciso que a ponte de Pontenova sexa examinada minuciosamente. Temos constatado que, logo duns 40 anos que leva no lugar, ten algún ferro ao aire nas vigas que soportan o peso”.
  • ”Na parte superior, as varandas levan moitos anos no sitio, acusando o paso do mesmo, con partes totalemente oxidadas. Ademais son demasiado débiles. Compre ter en conta que coa nova capa de rodadura, as posibilidades de accidentes son maiores, polo que é bo reforzar as que hai ou colocar unhas novas. No caso de non retirar as existentes, propoñemos que se saneen e se coloque diante deles uns quitamedos como reforzo”.
  • ”Do mesmo xeito, é necesario colocar quitamedos nos tramos saintes da propia ponte, xa que o desnivel é grande e poden producirse accidentes de consideración”.
  • ”Ademais, a sinalización da vía é inexistente, polo que é imprescindible acometer unha sinalización vertical e na vía acorde as novas necesidades”.

Novas relacionadas

comentarios