Venres. 27.11.2020
El tiempo

SUCESOS

Os Bombeiros e Protección Civil acoden a un incendio en Moraime e un accidente en Codesos

Os Bombeiros e Protección Civil acoden a un incendio en Moraime e un accidente en Codesos

bombeiros de cee e proteccion civil muxi

Este pasado domingo, rexitrábase, arredor das 14:00h, o incendio dun vehículo no lugar de Castrelos, Moraime, Muxía. O vehículo, que estaba aparcado no garaxe da vivenda, afectou o teito do garaxe. Os Bombeiros de Cee e Protección Civil de Muxía, cia colaboración da Garda Civil, procederon a extinguir as lapas e ventilar o local.

Incendio coche Moraime

 

Accidente en Codesos

Día chuvioso este domingo, propicio para que houbese algún accidente nas nosas estradas. Así acontecía arredor das 17:00h, no lugar de Codesos, Cee, cando un vehículo sufría unha saída de vía. Avisaban de que o condutor estaba atrapado pero finalmente conseguiu saír e foi trasladado en ambulancia do 061 ao Hospital de Cee.

Accidente en Lobelos

comentarios