Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Limpan a maleza dunha onte do Río Castro

Limpan a maleza dunha onte do Río Castro
Estado do Rio Castro en Muxia 2

Envía a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, unha nota na que anuncia que vén de rematar os traballos de conservación fluvial no río Castro, no Concello de Muxía, concretamente ao seu paso pola parroquia de Coucieiro.
As tarefas consistiron basicamente na limpeza de maleza, retirada de árbores e ramas caídas acumuladas no leiro do río augas arriba da ponte de Trasufre, que podían provocar episodios de asolagamentos en momentos de chuvia intensa neste río da zona hidrográfica Galicia Sur. Tamén se procedeu á retida de salgueiro caído sobre a canle augas baixo da ponte.

Nas imaxes pode apreciarse o estado do curso fluvial antes e despois da execución dos traballos:

Estado do Rio Castro en MUxia

Fonte

  • Xunta.

Comentarios