Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Muxía acolle un taller sobre a factura eléctrica impartido pola UCGAL

Muxía acolle un taller sobre a factura eléctrica impartido pola UCGAL
UCGAL en Muxia coa factura da luz A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) levará a cabo un taller formativo sobre a factura eléctrica en Muxía, o vindeiro martes, 30 de outubro, ás 11:00 horas, no Edificio de Servizos Múltiples. A actividade ‘E ti, canto aforras na factura da luz?’, está encamiñada a dar a coñecer as distintas modalidades de contratación de electricidade, o novo bono social, as diferenzas entre o mercado regulado e o libre, métodos para aforrar na factura eléctrica e resolver calquera dúbida relacionada coa subministración eléctrica. O único requisito para participar é o de levar unha factura o día da actividade. Esta organización, consciente da complicación que representa coñecer os mecanismos de funcionamento do sector eléctrico e en vista do progresivo aumento das reclamacións dos consumidores nesta materia; quere axudar á cidadanía a comprender a factura eléctrica para garantir os seus dereitos como consumidores.

Comentarios