Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Muxía aproba, por fin, os orzamentos de 2020

Pleno Muxía 10-20
Imaxe do pleno de onte en Muxía
Muxía aproba, por fin, os orzamentos de 2020

Por fin os Orzamentos do Concello de Muxía para este 2020 quedaron aprobados definitivamente. Despois da paralización o pasado mes de xullo, aqueles números aprobados inicialmente en xuño quedaron ratificados despois de saír adiante unha moción no pleno de onte sobre unha modificacion de 72.988,85 euros destinados a servizos, axudas e obras.

A modificación foi aprobada cos votos do PSOE, do BNG e dos edís non adscritos, ademais da abstención dos concelleiros do PP, que presentaron unha moción para rebaixar esta modificación pero que foi rexeitada polo resto de grupos.

Os máis de 72.000€ serán empregados para: 10.100 euros para inversión de nova maquinaria (un brazo para o tractor desbrozador); 17.700 euros en gasto de reparacións dos accesos a núcleos poboacionais; 15.000 euros para o programa PEL Reactiva de axuda a pequenas empresas e autónomos; 1.500 euros para atención social primaria, nunha colaboración do Concello con AFAFeS; 7.000 euros para gastos diversos; 5.000 euros para estudos e traballos técnicos de alcantarillado; 15.000 euros para a pavimentación en vías públicas e 1.688,85 euros para tratamento de residuos.

Outros puntos

O pleno tamén aprobou as ordenanzas de mercados e terrazas, asi como a aprobacion do luns de Pascua e do luns da Barca como festivos locais para 2021.

O PSOE presentaba unha moción (aprobada só cos votos en contra do PP) contra os custes de limpeza para cumplir os protocolos nos centros de ensino, considerando que é competencia da Xunta.
Tamén se aprobaron dúas mocións do BNG, unha, por unanimidade, contra o peche do ISM de Corcubión, e outra tamén relativa aos protocolos no ensino.

Pola súa parte o PP tamén sacou adiante outra moción relativa ao peche do ISM e sobre a conciliación dos pais e nais de nenos con necesidades especiais.

Novas relacionadas

Comentarios