Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muxía e Vimianzo propoñen conxuntamente un proxecto de mellora da rede de abastecemento de auga

Muxía e Vimianzo propoñen conxuntamente un proxecto de mellora da rede de abastecemento de auga
Pequeño, Antelo, Formoso e Porto analizando o proxecto supramunicipal

Os alcaldes de Muxía e Vimianzo uniron compromiso e presentaron na Deputación un proxecto conxunto para mellorar a rede de abastecemento de auga no límite entre ambos municipios. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado responsable da área de Vías e Obras e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, recibiron aos rexedores costeiros para estudar o documento.

O documento será estudado para o posible financiamento do 50% das obras no último trimestre do ano, con cargo á incorporación dos remanentes.

O proxecto quere abordar a mellora da rede de abastecemento de auga nos núcleos muxiáns de Agranzón, Casa do Monte, Castelo, Cebráns, Fonte Raposa, Fumiñeo, Gatarante, Merexo, Ozón, Peopombo, Quintáns, San Martiño, Suxo, Vilar de Sobremonte e Vilela, , ambas as dúas pertencentes á parroquia de San Martiño de Ozón en Muxía, e nos núcleos de Cereixo, Castrelo, Carnés e Berdoias, en Vimianzo. Dúas zonas nas que residen uns 2.500 habitantes.

O documento plantexa tres alternativas diferentes para a súa execución: abastecemento dende a Devesa, dende a captación de Bouza e dende a captación de Castiñeira, detallando as vantaxes e inconvintes de cada un, así como as necesidades de instalación de estacións de bombeo e decantadores, melloras nas captacións xa existentes e afeccións as estradas da zona durante os traballos de construción da rede.

Fonte

  • Deputación

Comentarios