Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muxía pecha o verán natural e abre o curso dos deportes invernais

Muxía pecha o verán natural e abre o curso dos deportes invernais

Xa rematou o verán. E con el, o Concello de Muxía, dou por finalizada a tempada deportiva municipal de verán. Un verán que servíu para explotar (no mellor sentido da palabra) os espazos naturais do municipio para a práctica de deportes alternativos. O surf, a vela, o kaiak, os deportes de aventuras, a natación en augas abertas e educación integral foron algunhas das actividades estrella que puideron disfrutar os case 400 pequenos e maiores que participaron nas mesmas.
Cómpre destacar, segundo nos sinalan dende o Concello, que deses 400 foron moitos os visitantes que amosan un enorme interese por participar de esta variada e interesante oferta deportiva. Xente de distintos lugares de España e doutras nacionalidades, tiveron a oportunidade de disfrutar da práctica deportiva e de coñecer o amplo abano de posibilidades de ocupación do tempo de lecer que propón a Vila da Barca.

Abre o novo curso 2011/2012

Así, o Concello muxián abre o prazo de inscrición para participar nas distintas actividades deportivas municipais que darán comezo o vindeiro 3 de outubro.

A meirande parte das actividades deportivas propostas terán lugar nas instalacións do Polideportiva Municipal, agás as desenvolvidas nas escolas das distintas parroquias.

Ofertas por idades

A oferta deportiva vai dirixida tanto a poboación infantil como a poboación adulta, propoñendo actividades orientadas ás condicións de cada sector poboacional. Polas características motrices dos habitantes do Concello de Muxía, hai grupos de idade con características diferentes en relación coa actividade física e a saúde.

  • En idade escolar: O primeiro grupo, serían os rapaces en idade escolar. As activiades estarán baseadas na educación para a saúde e na implantación na poboación de unha serie de hábitos de vida saudable, baseados na boa alimentación e na practica regular de actividade física. Para a consecución de este ambicioso obxectivo, é de obriga coordinarse de xeito directo cos centros educativos do municipio e cos centros de saúde, coa fin de traballar de modo coherente e proporcionar a cidadanía a posibilidade de practicar actividade física de maneira regular.
  • Os nosos maiores: Por non desmarcarnos das características poboacionais da Comunidade Galega, e salientable que o grado de envellecemento da bisbarra vai en aumento, polo que se precisa dunha oferta ampla e variada de actividades, orientadas a mellora da condición física dos nosos maiores.
    A oferta deportiva divídese en actividades para a poboación infantil e actividades para a poboación adulta, abarcando un amplo abano de posibilidades, desde a educación psicomotriz, pasando polos deportes de loita, de equipo, de deslizamento, hasta actividades de relaxación e musculación, todo traballado desde unha perspectiva lúdica e orientada a mellora da saúde.

Máis información e inscricións

Para poder participar nalguha destas actividades, débese fortmalizar a inscrición no Departamento de Deportes do Concello (de 9:30 a 14:30 h. de luns a xoves) antes do vindeiro mércores 5 de outubro.

Para máis información pode poñerse en contacto co Departamento de Deportes no teléfono 981-742001 ou consultar a páxina web do Concello www.concellomuxia.com.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Deportes do Concello de Muxía.

Comentarios