Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muxía pensa nos mozos e maiores

Muxía pensa nos mozos e maiores

O concello de Muxía quere facer públicas tres convocatorias:

Plan de emprego xove

Tódolos mozos e mozas estudantes que queiran traballar nos meses de xullo ou agosto poden anotarse no Concello ata o 29 de abril. Este programa que xa se fixo con moito éxito ( traballaron tódolos mozos que se anotaron) no verán do 2010 é unha alternativa ás tradicionais becas, facendo que os mozos poidan gañar unha importante axuda económica e presten ao tempo un servizo á comunidade.

Oferta Laboral para a Festa do Congro

O Concello busca operarios/as para a Festa do Congro 2011. A presentación instancias pode realizarse ata as 11:00 horas do vindeiro 5 de abril de 2011. Selección ese mesmo día ás 12 horas nas oficinas municipais.

Viaxe para maiores

Estadía gratuita na Residencia de Tempo Libre de Panxón, para os días 15,16 e 17 de abril. Dentro do Programa de Envellecemento activo do Concello faise esta viaxe de convivencia para persoas maiores. Os requisitos son ser maior de 65 anos . o prazo para apuntarse é ata o día 8 de abril, na Concelleria de Servizos Sociais.

Festa dos maiores

Como cada ano celebrarase a xuntanza anual de maiores cun xantar no polideportivo.A cita será o 28 de maio. As persoas que desexen acudir deberán recoller as súas invitacións no Concello de Muxía.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Muxía.

Comentarios