Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Muxía prepárase para a súa I Feira Multisectorial con gastronomía, oportunidades e BTT

Muxía prepárase para a súa I Feira Multisectorial con gastronomía, oportunidades e BTT
Feira Multisectorial Muxia 17 maio 2014

Feira de oportunidades, Xornada Gastronómica da Caldeirada e Quedada BTT. Todo xunto para formalizar a I Feira Multisectorial de Muxía, que se desenvolverá os días 17 e 18 de maio na vila da Barca. I é que xa sabemos o ben que funciona a gastronomía en Muxía, polo medio de outras actividades.

O Polideportivo, de 10:00h a 21:00h, acollerá os postos de todo tipo: calzado, roupa, decoración, agasallos, pastelería creativa, e ata sexshop.

Paralelamente, 8 establecimentos da vila preparan a I Xornada Gastronómida da Caldeirada. Aí están A Lareira coa súa Caldeirada de Bertorella; A Marina coa Caldeirada Mixta; O Chocolate coa Caldeirada de Polbo; O Coral coa Caldeirada Mixta; O Pedra D’Abalar coa Caldeirada de Robaliza; O Porto coa Caldeirada de Sargo; O Prestige tamén coa Mixta e O Sirena coa Caldeirada de Bacallau.

A cita deportiva será a II Quedada BTT, tralo éxito do ano pasado. Xa o sábado ás 16:00h haberá un circuito para nenos, pero a gran cita será o domingo 18 con saída ás 9:30h para os 33 km, dende o porto muxián.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios