Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Muxía prepárase para coñecer a Bretemada de López Abente

Muxía prepárase para coñecer a Bretemada de López Abente

A semana pasada pegabámonos unha viaxe pola metonimia galega a través da "Bretemada", o novo libro do autor muxián Gonzalo López Abente, editado a través da súa Fundación, dentro da Colección Rescate da Editorial Alvarellos.

Pois esta fin de semana, o venres 22 de outubro, na Casa do Voluntariado a partir das 20:00h, o libro "Bretemada" preséntase en sociedade, para que toda a veciñanza o poida coñecer de primeira man.
No acto de presentación intervirán Félix Porto, Alcalde de Muxía e Presidente da Fundación, Xosé Luís Méndez Ferrin, Presidente da Real Academia e Patrón da Fundación, Miro Villar, responsable da edición de Bretemada e Patrón da Fundación e Henrique Alvarellos, editor e Olivia Rodriguez, directora da Colección Rescate de Alvarellos Editora.

Unha viaxe en verso pola Costa da Morte

Esta publicación, que se lugar a dúbidas enriquece o patimonio cultural muxián, trátase dun poemario inédito que o propio Abente escribiu entre os anos 1917 e 1922.
A obra que estaba depositada en mecanoscrito na Real Academia Galega, foi recuperada pola Fundación Gonzalo López Abente a proposta de Miro Villar, patrón da Fundación e responsable da edición que se vai presentar.

A Fundación Gonzalo López Abente fixo as xestións necesarias para conseguir facer unha realidade esta publicación. A Editorial Alvarellos foi escollida para co-editar o libro, concretamente dentro da colección Rescate, tanto pola calidade da colección como pola filosofía de recuperación e posta en valor que comparte coa Fundación López Abente.

Fundación

A Fundación ten como principal obxectivo a difusión da obra do autor muxián, polo que a publicación do inédito ten unha grande importancia, e ademáis supón un acontecemento para toda a cultura galega tendo en conta a relevancia literaria de Gonzalo López Abente.
O membros do Padroado queren facer pública a súa satisfacción por ter logrado sacar á luz este fermosísimo texto e destacan o excelente traballo de Miro Villar. Tamén queren agradecer a resposta positiva do editor, Henrique Alvarellos, que dende o primeiro momento se mostrou entusiasmado coa proposta.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios