Xoves. 13.08.2020
El tiempo

Muxia revitaliza o seu tramo do Camiño dos Faros

Muxia revitaliza o seu tramo do Camiño dos Faros

O Concello de Muxía traballa na revitalización do tramo muxián do Camiño dos Faros e conta con rematar as intervencións a vindeira semana. Unha vez finalizados os mesmos, haberá unha persoa única e exclusivamente adicada ao mantemento de todo este tramo.

A administración local sigue coa súa aposta baseada na sustentabilidade e no respecto polo medio ambiente en aos meses da tempada estival, onde se estima que o turismo se incrementará notablemente.

O alcalde, Iago Toba, agarda manter xuntanzas nos vindeiros días cos membros e a directiva da Asociación do Camiño dos Faros, para "escoitar en todo momento as súas demandas, posto que son elas e eles os que coñecen de primeira man este roteiro", sinala o rexedor.

comentarios