Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A nova estrada xa espera a apertura do Parador de Muxía

Visita institucional a estrada do Parador de Lourido
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou hoxe unha visita institucional ao Concello de Muxía, onde foi recibido polo novo alcalde da localidade, Iago Toba Campaña, o deputado responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, e os membros da corporación municipal.
A nova estrada xa espera a apertura do Parador de Muxía

O pasado mes de xuño a Xunta aseguraba que as obras do Parador de Lourido estaban ao 98%, pero que non se abriría ao público ata a Semana Semana de 2020. E iso a pesar dos innumerables retrasos (a previsión aínda en febreiro de 2018 era rematalo este verán… dunha infraestrutura prometida pouco despois do Prestige.

O que si xa está lista é a estrada de acceso ao Parador, tralo remate das obras de ampliación e mellora da estrada provincial DP 5201 de Muxía a Touriñán pola costa. As obras comezaban en febreiro do 2018 e tiveron momentos de tensión ante as protestas da veciñanza

Supuxeron 1 millón de euros de investimento por parte da Deputación da Coruña. Só restan por instalar as biondas de seguridade e a nova sinalización vertical desta “obra estratéxica para o futuro de Muxía”.

O novo vial conta cunha calzada de 7 metros e arcéns de 0,5 metros en ambas as dúas marxes, unha senda peonil de de 2 metros de ancho que discorre pola marxe dereita da calza. Ademais conta cun novo mirador construido á altura do punto quilométrico 3+263.

Sendeiro xacobeo e mellora no acceso á praia de Lago

A Deputación investiu tamén 534.000 euros na creación dun sendeiro peonil de 1,4 km para os centos de peregrinos que cada día transitan pola zona e dunha importante mellora da seguridade no acceso á praia de Lago.

Abastecemento de auga e melloras no rural

O alcalde muxián solicitou a colaboración económica da Deputación para un proxecto de mellora da rede de abastecemento de auga na zona que limita entre os concellos de Vimianzo e Muxía, para o que pedirá tamén a colaboración da administración autonómica, dado o alto custe do proxecto.
Toba lembrou que existe xa un proxecto destinado a financiar a instalación deste servizo básico nos núcleos rurais muxiáns de Agranzón, Casa do Monte, Castelo, Cebráns, Fonte Raposa, Fumiñeo, Gatarante, Merexo, Ozón, Peopombo, Quintáns, San Martiño, Suxo, Vilar de Sobremonte e Vilela, entre outros que suman unha poboación de máis de 1.000 habitantes e que beneficiará tamén a unha zona do concello de Vimianzo.

Novas 

Comentarios