Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un novo Encontro na Casa de Trillo para lembrar a Jesús e presentar a Pilar

Jesús Trillo no Encontro de 2009-Foto-Marcos Rodriguez
Jesús Trillo, no centro da imaxe, no Encontro de 2009 sobre Slow Food-Foto-Marcos Rodriguez
Un novo Encontro na Casa de Trillo para lembrar a Jesús e presentar a Pilar
Un novo Encontro na Casa de Trillo para lembrar a Jesús e presentar a Pilar

Este vindeiro venres 22 de marzo a partir das 19:30h terá lugar un novo encontro en Casa de Trillo. Unha cita singular, que serve de perfecto marco de reflexión, sacando o estrés do día a día, do urxente, e abrindo o foco para botar unha ollada máis pausada á nosa realidade. Un día que nace coa intención de tecer redes, de establecer marcos de colaboración con outros entes, buscando sinerxias que contribuan a poñer a Costa da Morte no mapa das ofertas de calidade e con identidade atlántica.

A finalidade é dar a coñecer esta nova etapa da man de Pilar Trillo, nunha cita que servirá ademais de homenaxe ao seu pai, finado o pasado ano, Jesús Trillo Grille.

O que foi Delegado de El Correo Gallego na Costa da Morte, cofundador de Casa de Trillo e gran impulsor do turismo na Costa da Morte e, especialmente, en Muxía, será lembrado nun acto que contará coa presencia de Fernando Barroso, que nos dará unha actuación de mandolina á que seguirá unha tertulia relaxada con degustación de productos da zona que conforman a nosa identidade gastronómica, da aldea e mariñeira.

As prazas son limitadas. É preciso confirmar asistencia.

Novas relacionadas

Comentarios