Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Concello de Muxía abre as Bolsas e prepara varias charlas académicas

O Concello de Muxía abre as Bolsas e prepara varias charlas académicas
Charlas para pais e nais de motivación académica en Muxía

O Concello de Muxía ponse á vangarda nos departamentos de Servizos Sociais e artella para as vindeiras datas diferentes propostas. Por unha banda abre as axudas para a adquisición de material escolar e por outra prepara varias charlas en materia académica.

Charlas para pais e nais

A Concellería de Servizos Sociais prepara un Taller de Técnicas de estudo, hábitos e rutinas para a mellora da motivación académica. Os pais e nais de 3º, 4º da ESO e PCPI poderán asistir ás dúas sesións que se celebrarán os mércores 22 e xoves 23 de agosto ás 19:30h no edificio de Servizos Multiples.

Bolsas para os libros

Ademais a Concellería de Servizos Sociais abre as “BOLSAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR EN EDUCACIÓN INFANTIL” (3,4, e 5 anos) A FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS CONÓMICOS, PARA O CURSO 2.012-13".

O PRAZO DE SOLICITUDE está aberto ata o 06 de setembro de 2.012. E os requisitos son:

  • I.Estar empadroados e ter residencia efectiva no Concello de Muxía.
  • II.Ter fillos menores que cursen estudios de educación infantil nalgún centro deste Concello e que non entren no Programa de Gratuidade de Libros da Xunta de Galicia.
  • III.Que posúa unha situación económica desfavorable, o que se demostra documentalmente achegando xustificación (declaración da renda 2.011, certificado de empresa, nóminas,...) dos ingresos da unidade familiar (pais e fillos/as maiores).
  • IV.Estar ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello, que se pode acreditar mediante declaración xurada do solicitante, sen prexuízo da súa comprobación por parte da entidade.

TRAMITACIÓN e máis INFORMACIÓN nos Servicios Sociais (Educador Familiar) do Concello de Muxía (3º piso) e no teléfono 981- 742001.
Programa Subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios