Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Concello de Muxía lidera as denuncias polas deficiencias no sistema eléctrico

O Concello de Muxía lidera as denuncias polas deficiencias no sistema eléctrico
apagon enerxetico

Falabamos precisamente esta semana da disxuntiva de ser unha comarca eminentemente produtora de enerxía a través das ducias de parques eólicos que invaden os nosos montes, e seguir tendo a electricidade tan cara coma o resto. Pero é que a situación é máis grave, pois ademais é que a subministración eléctrica é, dende hai décadas, un desastre, e xa temos aprendido a vivir con apagóns.

Desta volta, a alarma salta dende o Concello de Muxía que, xa no pasado mes de xuño, presentou reclamación ante o organismo competente, debido as repetidas e inxustificadas deficiencias que se viñan producindo no abastecemento enerxético en distintos lugares do municipio. Sinalan dende o concello que tales problemas, lonxe de solucionarse, agraváronse ata tal punto que o día de hoxe producense de tres a cinco cortes diarios, o que está a causar graves perxuízos á poboación e o funcionamento desta administración.

Ante tal situación, dende a Alcaldía, deuselle curso a sendas reclamacións ante a Consellería de Industria e a compañía distribuidora, nas que se lles advirte que “de non dar solución inmediata e definitiva a esta problemática, acudirase a vía xudicial ó amparo do disposto no artigo 104 do RD 1955/2000 que establece a obriga da empresa distribuidora de realizar un suministro continuado e cos niveis adecuados de calidade”.

En calquera caso, o concello pon a disposición dos veciños e veciñas, para a tramitación das súas reclamacións individualizadas, un formulario que poderan solicitar nas oficinas municipais.

A dúas velas

Recuperamos este documento, daqueles tempos de loita contra a marea negra, na que os colectivos máis comprometidos crearon esa serie de curtas xeniais baixo o paraugas do ”Hai que botalos”. Este A Dúas velas con Miguel de Lira e Víctor Mosqueira é unha xoia:

A dúas velas (Hai que botalos!) from Terra e Tempo Tv on Vimeo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Muxía.

Comentarios