Domingo. 22.09.2019
El tiempo

O espolio franquista do Mosteiro de Moraime chega ao parlamento

O espolio franquista do Mosteiro de Moraime chega ao parlamento
Os socialistas na Cámara galega veñen de rexistrar unha pregunta oral para o próximo pleno ao respecto do "espolio realizado polos Franco" no Mosteiro de Moraime, no Concello de Muxía. Para os socialistas Concepción Burgo, Luis Manuel Alvarez e Loli Toja, "Está claro que o espolio realizado polos Franco vai moito máis alá do Pazo de Meirás. De forma continua están aparecendo obxectos apropiados de forma ilexítima por membros da familia e agora ven de coñecerse que a muller do ditador, Carmen Franco, levou da igrexa románica de San Xián de Moraime, do século XI e situada no concello de Muxía, ao redor de 1960, dous pilóns medievais de gran valor que adornaban o patio da casa reitoral", afirman. sesion-plenaria-parlamento-galicia Sesión plenaria no Parlamento de Galicia O parecer, "o párroco de Moraime, testemuña desta apropiación, en 1980 e por consello de Domingo García Sabell, foi a un notario para testemuñar o sucedido e presentar todas as probas documentais de que as pilas medievais pertencían á igrexa de Moraime". Sen embargo, o que agora se sabe vai muito mais aló. O parecer, e sempre segundo afirma o PSdG-PSOE na pregunta agora rexistrada, "en 2010 o alcalde de Muxía dirixiuse á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para darlle a coñecer esta situación pero nunca obtivo resposta". Cuestionanse os socialistas si, tal vez, "a Xunta de Galicia, máxima garante por lei da conservación do patrimonio artístico galego, non lle preocupaba que uns obxectos medievais de moito valor estiveran de forma ilexítima en mans da familia Franco. De feito segue sen importarlle, porque nada fixo para recuperalas a pesar de ter acta notarial da denuncia dos feitos e probas documentais do espolio".
Por todo isto, as deputadas e o deputado que asinan esta pregunta para o seu debate en pleno queren saber "Que accións vai poñer en marcha a Xunta de Galicia, para recuperar os dous pilóns medievais que a familia Franco levou de maneira ilexítima da igrexa de San Xián de Moraime, no concello de Muxía".

Comentarios