Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Festival de cine árabe AMAL tamén aparca en Muxía

O Festival de cine árabe AMAL tamén aparca en Muxía

Comezaba a semana pasada en Corcubión, e encántanos saber que a partir deste xoves chega ao Concello de Muxía o Festival Amal de Cine árabe. Organizado pola Fundación Araguaney, o ciclo contará con cinco filmes (dúas curtas e tres longametraxes) que se proxectarán en tres xoves sucesivos.

A primeira proxección terá lugar o xoves 30 de maio, ás 20:00 h no Salón de Actos do Voluntariado e poderán verse a curtametraxe EID, (Palestina) e a longametraxe RABAT (Holanda)

O xoves 6 de xuño, no mesmo lugar e tamén ás 20:00 h poderá verse a curta ENSEMBLE (Francia) e a longametraxe BROMAS APARTE ( Francia, Palestina), e o xoves 13 de xuño a película proxectada será LE THÉ OU L´ÉLECTRICITÉ (Bélxica, Marrocos).

A entrada é gratuita.

Festival cine AMAL en Muxia

Novas relacionadas

Comentarios