Luns. 16.09.2019
El tiempo

O maio da Galería Mulleres para coñecer a María Victoria Moreno, a protagonista das Letras Galegas

O maio da Galería Mulleres para coñecer a María Victoria Moreno, a protagonista das Letras Galegas
M Victoria Moreno na Galeria Mulleres de Muxia

Que mellor mes que este maio das Letras, para adicarlle a Galería de Mulleres da Biblioteca de Muxía. Viki Rivadulla esperou ata este maio para homenaxear á protagonista do Día das Letras Galegas 2018, que non é outro que María Victoria Moreno. Esta mestra e escritora, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) en 1939, e finada Pontevedra en 2005, viviu a cultura galega dende a súa chegada ao noso país nos anos 60. É moi salientable que vindo de Extremadura boa parte da súa obra sexa escrita en galego.

Dende Pontevedra estivo presente na vida cultural e política do noso país, participando en innumerables charlas, cursos, encontros…

Como escritora escribiu novelas, contos, ensaios, e mesmo colaborou na redacción de libros de texto e dirixiu a colección "Árbore" da editorial Galaxia. Defensora da literatura infantil e xuvenil foi fundamental para que hoxe así a coñezamos, sendo a súa obra “Anagnórise “(1989) unha das obras máis importantes da historia da nosa literatura xuvenil.

Como profesora, procuraba un método de ensino no que prevalecese o xogo que supón a aprendizaxe. Fronte ás prohibicións, a censura e o medo, María Victoria ofrecía liberdade e xogos.

Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar:

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios