Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PP de Muxía refúndase arredor de Sandra Vilela para recuperar a alcaldía

O PP de Muxía refúndase arredor de Sandra Vilela para recuperar a alcaldía
Congreso Local do PP de Muxia Congreso Local do PP de Muxia

Cita importante a que viviueste pasado venres o Partido Popular de Muxía. Celebraba o eu Congreso Local, coa presencia de Evaristo Ben, vicesecretario de Organización provincial e director de campaña, que puido comprobar o consenso que xera o nome de Sandra Vilela. A voceia foi refrendada ademais como nova presidenta local tras obter o 100% dos votos emitidos.

Todos coincidiron no “gran traballo” realizado durante o último ano polos integrantes da xestora, un período no que demostraron a importancia de levar a cabo unha oposición “crítica, responsable e construtiva”. Argumentaron que o PP é a “mellor opción para sacar a Muxía do “letargo social e económico” ao que o levou o actual goberno local”.

Vilela agradeceu a confianza de todos os militantes e mostrou o seu agarimo aos integrantes da súa candidatura, aos que animou a “seguir dando o callo como fixemos ata agora e a seguir próximos aos veciños”. E Evaristo Ben asegurou que o partido está máis que preparado para gañar a alcaldía nas eleccións do próximo ano.

Fonte

  • Redacción de QPC.
>

Comentarios