Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O PP deixa en mans da Igrexa a recuperación das Pías de Moraime

O PP deixa en mans da Igrexa a recuperación das Pías de Moraime
Porta-Sur-do-Mosteiro-Moraime-Foto-Aritz-Saez Porta sur do Mosteiro de Moraime, para Lema Suárez, o edificio máis importante da Costa da Morte-Foto-Aritz Sáez

Volvía onte ao Parlamento a sustracción das pías medievais da Igrexa de San Xián de Moraime por parte do Franco, aló polos anos 60. O Grupo Socialista presentaba unha proposición non de Lei na Comisión de Cultura pedindo que a Xunta iniciase os trámites necesarios de forma inmediata os trámites necesarios para recuperar os dous pilón. Pero o PP negouse e deixa en mans da Igrexa, propietaria do espazo, a recuperación.

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, amosou hoxe a súa sorpresa diante da negativa do PP, e lembrou que o goberno galego é “o maior responsable da preservación e seguridade do patrimonio artístico de Galicia”. Burgo instou a fixar “unha estratexia para que a familia Franco non poida seguir á marxe da Lei” despois de décadas de apropiarse de cantos bens culturais chamaban a atención da esposa do ditador.

Lembrou que en 1960 foi Carmen Polo quen visitou a Igrexa, comunicou a súa intención de levar as pezas –datadas no século XII- ao Pazo de Meirás, para que ao día seguinte un camión procedera ao traslado. Daquela, e a pesares da oposición do Arcebispo de Santiago, a Igrexa decidiu non reclamar as pías dada a identidade da persoa, nunha decisión que “podía ser entendida nos anos 60, pero non pode ser entendida en 2018.

Pola contra, a deputada popular María Antón avogou á “prudencia” deixando en mans da propiedade quen decida os pasos que quere dar para reclaramar aos herdeiros de Franco as pías. Recordou que “no momento en que a igrexa e edificios do antigo mosteiro de San Xián de Moraime foi declarado conxunto histórico en 1972, estas pías xa non estaban alí, polo que non se pode dicir que se trata de bens de interese cultural, ao tempo que anteriormente tampouco estaban incluídas en ningún catálogo ou inventario de bens mobles protexidos polo seu valor cultural”.

Novas relacionadas Fonte

Comentarios