Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O PP muxián critica a dedicación exclusiva da Concelleira de Servizos Sociais

O PP muxián critica a dedicación exclusiva da Concelleira de Servizos Sociais
Lista do PSOE de Muxia 2015

Primeiras críticas que chegan no Concello de Muxía tralas eleccións munucipais. E chegan directamente do PP muxián, que critica que o goberno local encabezado polo alcalde, Félix Porto, non tivera en conta as numerosas queixas veciñais e outorgue unha dedicación exclusiva á concelleira de Servizos Sociais, Irma García, cos votos a favor do PSOE e a abstención dos nacionalistas.

Os populares, que votaron en contra desta decisión no pleno do pasado venres, aseguran que son moitos os veciños que denunciaron que esta concelleira non soubo solucionar os seus problemas e non ten capacidade suficiente para asesorar nesta materia. “A nosa obrigación desde a oposición é darlle voz aos veciños”, explican os populares, que recalcan que non se trata dun asunto económico, xa que o informe de Intervención autorizou o gasto para esta dedicación.

Neste sentido, e como exemplo, desde o Partido Popular reiteran que o feito de que unha empresa teña beneficios “non a obriga a renovar a un traballador que non desempeña ben o seu labor”.

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Muxía.

Comentarios