Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os contos para que Muxía durma (II)

Os contos para que Muxía durma (II)

Xa o ano pasado recollimos todos os contos muxiáns en QPC. Este curso, despois da entrega de premios do certame “Durmo… se me contas un conto”, volvemos traer os contos vencedores desta fermosa iniciativa do Concello de Muxía que tanto fomenta a creatividade, e o uso e a dignificación da lingua galega.

Este ano, xa limos os Os contos do Certame muxián que recibiron un accesit. Hoxe imos polo 2º premio, que ademais foi un triple empate entre as propostas de Irea Vilela Gerpe e Rosalía Vilela Gerpe, de Damián Sánchez Pose e de Camilo Pablo Rodríguez Espasandín, todos coa axuda dos seus pais:

As irmás Vila Gerpe fálannos dos capichos de Bieito, nun conto que conta con moi bos debuxos e un texto moi ben argallado e con finalidade didáctica. Mentres Damián Sánchez Pose tráenos un texto que parte dunha cantiga popular da Costa da Morte, con personaxes e lugares reais do noso entorno e debuxos moi expresivos. E ademais, o Mundo de Anxo, de Camilo Pablo Rodríguez Espasandín, achéganos un relato moi ben armado, moi orixinal e que toca un tema de actualidade.

BIEITO E OS SEUS CAPRICHOS, de Irea Vilela Gerpe (6 anos), Rosalía Vilela Gerpe (8 anos) e Mª Luisa Gerpe García (nai)


RAPOSO ESTÁ CHORANDO, de Damián Sánchez Pose (4 anos), Beatriz Sánchez Pose e César Bugallo Carrera (pais)


MUNDO DE ANXO, de Camilo Pablo Rodríguez Espasandín (8 anos) e Mª Carmen Espasandín Domínguez (nai)


Novas relacionadas

Os contos muxiáns para durmir 2013

Fonte

Comentarios