Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os muxiáns tamén fan o Camiño dende Fisterra

Os muxiáns tamén fan o Camiño dende Fisterra

Xa conseguiran a muxiana chegando dende Compostela. Pero esta fin des emana os peregrinos da vila da Barca volveron gañarse o xubileo ao faceren o Camiño Fisterra-Muxía. E de igrexa a igrexa, pois partiron da Igrexa de Santa María das Areas arredor das 9:30h da mañá deste pasado sábado.

Tratábase dun nutrido grupo de 40 camiñantes muxiáns que acabou a sesión peregrina no Santuario de Nosa Señora da Barca. E na expedición tamén viabaxan varios voluntarios do Programa de Voluntariado Ambiental do Concello de Muxía, que inspeccionaron o tramo do Camiño que percorre o municipio muxián para ver as necesidades de sinalización e limpeza.

Teatro na vila da Barca

E noutra orde de cousas o Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples collerá esta fin de semana dúas funcións da obra da Escola Municipal de Teatro de Muxía "Tres historias rusas", de Chejov.

As citas serán o sábado 25 de xuño ás 21:30 horas e o somingo 26 de xuño ás 21:30 horas, e as entradas poden retirarse no mesmo lugar da actuación desde as 20:30 horas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios