Mércores. 14.04.2021
El tiempo

Portos acometerá a reparación da fachada e a cuberta da lonxa e a instalación de defensas no peirao

Visita a porto de Muxia
Visita institucional ao porto de Muxía
Portos acometerá a reparación da fachada e a cuberta da lonxa e a instalación de defensas no peirao

Mentres avanzan as obras de pavimentación do bordo portuario muxián, a visita da presidenta de Portos Susana Lenguas serviu para dar conta dos investimentos que a Consellería do Mar ten formulados.

Portos lembrou que xa están en tramitación doutros dous proxectos de grande envergadura para o porto de Muxía, como son a reparación da fachada e a cuberta da lonxa e a instalación de defensas no peirao. Ambos proxectos atópanse en licitación con orzamentos de 230.000 e 170.000 euros respectivamente.

Novas relacionadas

comentarios