Venres. 29.03.2024
El tiempo

Sandra Vilela: "Muxía precisa un goberno traballador e comprometido cos mozos/as"

Hoxe falamos con Sandra Vilela Riveiro, actual portavoz do PP de Muxía e candidata á alcaldía.

 

 

WhatsApp Image 2018-09-22 at 22.02.11
Sandra Vilela é a actual portavoz do PP de Muxía
Sandra Vilela: "Muxía precisa un goberno traballador e comprometido cos mozos/as"
  • QPC: Tras 3 lexistaturas de goberno socialista, sempre subindo, esperades que chegue o momento do cambio?

Sen dúbida, non só o esperamos senón que cremos que Muxía o necesita. O goberno actual está resignado a unha política de mínimos, non ten ambición e cremos que Muxía ten todo o seu potencial por explotar e necesita un goberno que esté desexoso de levar a cabo grandes iniciativas que é o que necesitamos para poder crear oporetunidades reais e para darlle un futuro o noso concello tanto no pobo como no rural.

Na dereita é evidente que ninguén sentiu esa necesidade. O PP de Muxía está forte e unido e somos un gran familia. Levounos tempo recuperanos despois de uns anos nos que non acababamos de atoparnos pero agora a xente síntese cómoda e representada neste proxecto, intento cada día que así sea e póñome a disposición nos nosos afiliados e sinpatizantes cada día para que sintan que este é o seu sitio porque nós somos un partido aberto onde todos temos sitio xa que o único que nos une é o amor polo noso concello e a crenza de que a política é a ferramenta para cambiar as cousas.

  • QPC: Cres que a política personalista de Félix Porto, sobre todo durante a última lexislatura, lle fará dano electoralmente ao PSOE?

Sen dúbida a retirada de Porto pensamos que vai a afectar. A nivel local a xente en xeral olvídase dos partidos e vota ás personas e é innegable que Félix tivo o apoio de moitos veciños que ideolóxicamente non eran socialistas. Sen embargo, non é algo no que o Partido Popular de Muxía pense demasiado, nós temos o noso proxecto que é o que levamos desgranando esta semana e pico de campaña e que é o cremos máis positivo para Muxía independentemente de quen lidere o PSOE.

A nós pareciunos vergoñento. Non existe outra palabra para definilo. A 4 meses das eleccións e tras habelo nomeado candidato á alcaldía que se lle de un soldo de 22.400€/ano...É indiscutible para nós que é unha forma encuberta de facer campaña cos cartos dos veciños de Muxía.

E di moito da situación actual onde parece que uns se creen donos do Concello, e o concello non é do PP nin do PSOE senon dos veciños.

Penso que tamén di moito da actitude deste candidato, eu penso que non hubese aceptado esa proposta se ma houbesen feito, di moito de cales son as razóns que o fan vir para Muxía para tentar ser alcalde.

  • QPC: Cres que as eleccións do 28 de abril, nas que a baixada do PP foi clara, influirán nas do 28 de maio, ou cres que Xerais e Municipais non se poden relacionar porque son de naturezas diferentes?

Sinceramente non o creo. As baixada do PP nas eleccións xerais foi algo xeneralizado que pasou en toda España e que poderíamos analizar o porqué pero daría para moito. Sen embargo, estaría preocupada se a baixada fose aquí e non en outros lugares pero non é o caso. As eleccións municipais son moi distintas a calqueira outra xa que son as máis cercanas, a xente valora cuestións que van máis alá das siglas.

  • QPC: Nunha frase: Que necesita Muxía?

Un goberno traballador e comprometido ca xuventude para darlle oportunidades e tamén para apoialos no ocio; cos maiores xa que somos unha poboación moi envellecida e temos que ter un coidado especial con eles, nós levamos moitas medidas no noso programa electoral para eles como o programa de envellecemnto activo para as parroquias ou o centro social.

Pero tamén un goberno interesado en desarrollar os factores productivos, temos moitísimo potencial no turismo e hai que tomar iniciativas que sirvan realmente para que este sector se desenvolva sen olvidarnos nunca da pesca e da gandería que son os nosos sectores tradicionais.

59796214_2484316428269217_4762473884874178560_n

  • QPC: Cal é o proxecto estrella do voso programa?

Eu diría que a escola infantil e o centro social para os maiores. A escola infantil é unha promesa que o PSOE leva 12 anos incumprindo. Nun debate de radio de fai poucos días o candidato do PSOE non era quen a comprometerse a facela a pesar de que nos dxeron en reiteradas ocasións que se iba a facer con recursos propios. Nós faremola, se gobernamos, SEN EXCUSAS.

  • QPC: E o resto de liñas principais?

Apoio o deporte, queremos ser un referente no deporte na COsta da Morte e imos a traballar para elo. E como dixen xa, apoio ós sectores productivos, especial atención ós nosos maiores e cuidado das infraestructuras que a pesar de haber recibido case 5 millóns de E neste anos están totalmente deterioradas.

  • QPC: A túa lista está formada por Sofía López, Javier Lema, Pablo Barrón, Manuel Bardullas, Viriño Fandiño, Cristina García, Diego Blanco, Natalia Caamaño, Carlos Leira e Barca Moreira:
    Cales son os puntos fortes do teu equipo?

Estouno decindo nos mitínes, o noso forte, pode soar un pouco raro, é que somos xente normal. Xente normal cuxo único obxectivo é traballar por e para Muxía e por e para os seus veciños. O que nos une é o noso proxecto que se centra en desarrollar o noso concello pq todos cremos que temos moitas oportunidades e que o bo está por chegar.

  • QPC: E para rematar, que lle dirías a un veciño de Muxía para que se decantase pola túa candidatura?

O próximo domingo 26 de MAio cando vaian a votar van a ter que elexir entre 2 proxectos, un cuxo legado é a perda de poboación, a falta de iniciativas e o clientelismo político e outro cuxo ser é a ilusión o compromiso, o traballo e as ideas. Eu pídellos que o pensen e que aposten polo futuro, que aposten por Muxía porque cremos que realmente merecerá a pena facelo.

Comentarios