Venres. 19.04.2024
El tiempo

Sen noticias da Xunta sobre o espolio de Moraime

Sen noticias da Xunta sobre o espolio de Moraime
Tal vez un calendario completo e moi apretado ou quen sabe si unha ausencia de gañas de dar resposta a cuestión plantexada polos socialistas, pero a pregunta presentada hay uns dias por tres parlamentarios do grupo socialista a mesa do parlamento para saber mais sobre o espolio do Mosteiro de Moraime pola familia Franco deberá agardar ata ven entrado o mes de Febreiro para ter resposta. A Deputada socialista laxesa Loli Toja A Deputada socialista laxesa Loli Toja Así o ven de confirmar a propia Mesa do Parlamento que non considerou a inclusión da pregunta coma pedían os socialistas Concepción Burgo, Luis Manuel Alvarez e Loli Toja na sua interpelación ao parlamento. Sexa como fora, o pleno a volta do receso de Nadal na Camara galega si deberá aceptar esta pregunta e dar resposta, veremos en que medida, a pregunta dos socialistas, que busca poñer luz sobre un dos episódios mais lamentables da ditadura. Nese pleno, o mais probable, o Conselleiro do ramo deberá respostar a "Que accións vai poñer en marcha a Xunta de Galicia, para recuperar os dous pilóns medievais que a familia Franco levou de maneira ilexítima da igrexa de San Xián de Moraime, no concello de Muxía”, como cuestionan os socialistas.

Comentarios