Venres. 19.04.2024
El tiempo

Sendón: "O Concello de Muxía, e a Deputación e a Xunta, deberían involucrarse na compra e mantemento do fondo de Caamaño"

Sendón: "O Concello de Muxía, e a Deputación e a Xunta, deberían involucrarse na compra e mantemento do fondo de Caamaño"
Fotografias de Ramon Caamano publicadas en libros de Manuel Sendon Fotografías de Ramón Caamaño publicadas en libros editados por Manuel Sendón Manuel Senón nunha presentación en Corcubión Manuel Senón nunha presentación en Corcubión Temos falado con Viki Rivadulla, con Xan F. Carrera e con  Manuel Vilar, e mesmo tesmo visitado a casa-museo de Ramón Caamaño co seu xenro Chete Pose, para preguntarnos quen asume a necesaria responsabilidade de recuperar o seu arquivo histórico-fotográfico. Poderíamos falar con outras persoas que tamén foron grandes valedoras do seu valor patrimonial, e hoxe facémolo con Manuel Sendón. O fotógrafo, con casa en Sardiñeiro, leva espallando o legado de Caamaño por toda Galicia cos seus libros e exposicións. ”Son moitas horas as dedicadas a el e as súas fotografías, con moito entusiasmo, como acostumo a facer con todo aquelo que creo que merece a pena, e que ademais neste caso tiña a particularidade de ser o fotógrafo do meu pobo, pois cando eu era pequeno era o fotógrafo de Corcubión onde residía”, explica con cariño Sendón.  

Traballos de Sendón para con Caamaño

Album Ramon Caamano de Manuel Sendon 12 En 1989 editou con X.L Suárez Canal, como responsables do centro de Estudos Fotográficos, o libro Álbum Ramón Caamaño, que era o primeiro libro da colección Álbum do CEF. Un libro integramente dedicado a el, que contiña un texto escrito por nós e un cento de fotografías del, este libro foi presentado cunha expo que comisariamos en Vigo. En 2002 publícase o libro Retratos da Costa da Morte de Ramón Caamaño, no que se reproducen 87 fotografías de Caamaño acompañanadas dun texto escrito por ambos. Este libro foi acompañado por unha exposición que percorreu todas as cidades galegas e algunha vila como Cee ou Corcubión, unha vez rematada a itinerancia gárdaa Chete Pose na Casa Museo muxián. Algunhas fotos de Caamño tamén tamén foron incluídas noutros libros que non estaban dedicados a el en exclusiva como Pano de Fondo, publicado en 2010, e que inclúe medio cento de fotografías de Caamaño, nunha campaña de divulgación que inclúa tamén unha exposición que percorreu todas as cidades galegas. Ademais, na Fotobienal de Vigo de 1988 amosou por primeira vez fotografías del incluindo unha no catálogo. Pano de Fondo Manuel Sendon

A importancia do legado de Caamaño

Sendón teno claro: “O Arquivo de Caamaño é sumamente importante para a Costa da Morte, pois conxuntamente co de Vidal , son os máis importantes por non decir os únicos históricos con certa relevancia. Ademais os teritorios onde traballaron ambos non son idénticos”.

Que posibles vía de solución hai para a posta en valor do fondo Caamaño

”É un arquivo que compre conservar, estudiar e difundir. Cando se lle dedicou una rúa en Muxía, como me convidaron a que axistira e falara sobre a obra de Cammaño, estiven falando co alcalde de Muxía sobre o que había que facer co arquivo. Dende aquel momento os medios técnicos variaron e hoxe é máis fácil”, apunta. En todo caso, Sendón analiza a situación concreta e aporta posibles solucións. “No caso do arquivo Caamaño estamos ante unha situación na que os propietaros non van ceder gratuitamanete o patrimonio, polo que ten que haber unha institución que realice a merca, e polo tanto pasa a ser propiedade da institución coas condicións que se especifique na compra, inda que logo podan colaborar economicamente outras institucións. Supoño que será moito máis díficil que unha ou varias institucións realicen a merca para constituir unha fundación”, valora. ”Deste xeito, habería que ver a disponibilidade das institucións, empezando polo Concello de Muxía. É evidente o valor do arquivo Caamaño, como tamén o son as posibilidades de que se vaia deteriorando no caso de que no se deterioraran xa as copias de época, polo que compriría darlle unha solución canto antes. Dado o interese que para o Concello de Muxía ten o arquivo, o Concello debería involucrarse antes de que sexa tarde, e iniciar as conversas coa familia, pero dado de que o interese do arquivo transcende ao Concello, a Deputación e Xunta de Galicia deberían involucrarse tamén, na compra ou ao menos no mantenimento deste. A merca sería só un primeiro paso, logo habería que mantelo en condicións adecuadas, escanealo, documentalo, estudialo e difundilo”, explica.  

Novas relacionadas

Comentarios