Venres. 29.03.2024
El tiempo

Tres novos vertidos de augas residuais controlados en Ponteceso, Vimianzo e Muxía

Tres novos vertidos de augas residuais controlados en Ponteceso, Vimianzo e Muxía
Algunha imaxe dos Xurros de vertidos en Fisterra

Dan conta estas accións de eliminación de vertidos por parte da Consellería de Medio Ambiente que son moitos os puntos problemáticos ao longo da Costa. Desta volta Augas anuncia que eliminou 3 puntos de vertido de augas residuais en Ponteceso, Vimianzo e Muxía.

No municipio de Ponteceso o foco foi detectado nunha vivenda particular sita na parroquia da Graña que provocaba a presenza das augas residuais no rego de Pelamo.

O segundo vertido procedía dunha rede de saneamento municipal e foi localizado no río Vimianzo, ao seu paso polo concello do mesmo nome.

No municipio de Muxía a lavadora dunha vivenda particular sita no lugar de Ritorto estaba a provocar un vertido de augas residuais domésticas á canle pública.

En Ponteceso

No concello de Ponteceso o foco foi detectado nunha vivenda particular sita na parroquia da Graña. Os técnicos do PCV confirmaron que o vertido carecía de depuración previa o que provocaba a presenza das augas residuais ao rego de Pelamo, que pertence á bacía do río Anllóns.

Tras a súa detención o persoal autonómico, en colaboración co Concello de Ponteceso, advertiu ao titular do inmoble da irregularidade e instoulle a eliminar o vertido. Finalmente, os técnicos de Augas de Galicia verificaron nunha nova inspección a eliminación do punto de vertido, confirmando que o propietario da vivenda optou pola conexión das augas residuais vertidas cara unha fosa séptica estanca, e procedeu ao selado do punto de punto contaminante.

No río Vimianzo

O segundo vertido foi localizado no río Vimianzo, ao seu paso polo concello do mesmo nome, e que pertence a bacía do río Grande. Este punto precedía dunha rede de saneamento municipal e foi confirmado por Augas de Galicia tras detectar nunha toma de mostra a existencia de aportes contaminantes.

Para erradicar a súa eliminación o persoal autonómico, xunto con representantes municipais, levaron a cabo unha nova inspección que requiriu a desenvolvemento dun plan de actuacións centradas na conexión das augas residuais anteriormente vertidas coa nova rede de saneamento.

Vertido á canle pública en Muxía

O foco de punto contaminante de augas residuais domesticas no Concello de Muxía procedía da lavadora dunha vivenda particular sita no lugar de Ritorto.

Segundo comprobouse o electrodoméstico estaba a verter directamente á canle pública, que causaba a acumulación das augas residuais na gabia da estrada que pasa por diante do inmoble.
Para a súa emenda, seguindo o mesmo procedemento cos anteriores, o persoal autonómico notificou ao propietario a incidencia quen reconduciu a saída da lavadora á fosa séptica existente na vivenda. Tras o prazo acordado, os técnicos do PCV realizaron unha nova inspección na que comprobouse que o vertido quedaba emendado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

Comentarios