Martes. 16.04.2024
El tiempo

A UGPOL consegue que a Xunta rectifique o límite de idade para o acceso á mobilidade na Policía Local

A Policia Local de Muxia nun control
A Policía Local de Muxía durante un control
A UGPOL consegue que a Xunta rectifique o límite de idade para o acceso á mobilidade na Policía Local

Manel Blanco, Policía Local de Muxía e Secretario da Asociación Profesional Unión Galega de Policías Locais de Galicia (UGPOL), vén de informar da resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola cal se elimina o límite de idade para poder solicitar cambio de destino. Unha decisión que favorece a conciliación da vida persoal e familiar dos axentes.

Informan de que “no ano 2016 unha Lei do Parlamanto galego, baseada no dereito europeo, eliminaba o límite de idade para o acceso ás categorías de Policía Local, obrigando ademais á Xunta a adaptar en 6 meses o decreto que desenvolvía a Lei de Policía Local”. Pero, pese a iso, o Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, emitiu informes reiterados a Concellos para que esixisen nos seus procesos selectivos idade para o acceso por movilidade a Policía Local.

De feito, “impediuse o acceso ás prazas ofertadas a todos os policías maiores de 46 anos, sobre un 40% dos Policías galegos (uns 600 afectados), que non puideron presentarse a prazas para obter destino noutros Concellos ou de presentarse eran excluídos en base ao informe da D.X de Emerxencias”, informa Blanco.

Unha situación moi grave para a UGPOL que denunciou que “o Director Xeral de Urxencias negou a realidade legal e ignorou o principio de xerarquía normativa”, ante o Contencioso e despois ante o TSXG. A UGPOL lembra situacións como a que se viviu no Concello de Poio este mesmo ano, onde 10 Policías non puideron solicitar destino. Ou o límite sinalado nas bases para optar as prazas de mobilidade que o Concello de Guitiriz presentaba en 2019.

”Esta sentenza produce un antes e despois. Agora deben aterse á Sentenza do TSXG, iso si, esperamos unha gran desculpa e rectificación para todo o colectivo policial”, apuntan dende a entidade.

Comentarios