Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un fio de arte que une Carballo e Muxía

Un fio de arte que une Carballo e Muxía
“Miradas 6” é a exposición colectiva de arte que do 22 de decembro ao 28 de xaneiro vai unir con fio de imaginación e beleza a capital de Bergantiños e a Vila da Barca. Cartel da Mostra "Miradas 6" Desde o ano 2011, a poetisa muxiá-carballesa Rosalía Fernández Rial conseguiu establecer un vínculo artístico entre estes dous lugares polos que comparte querenza e, ao mesmo tempo, establecer un intercambio de inquietudes, técnicas e relacións entre creadores e creadoras de ámbolos dous concellos. Así naceu Miradas, que desde aquela celébrase cada ano, alternativamente, en Carballo ou Muxía, e que chega xa á súa sexta edición. Pintura, escultura, fotografía e gravado forman parte da exposición que será inaugurada este venres 22, ás 20.00 horas, no 3º andar do Pazo da Cultura, coa presenza do alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, e os/as artistas participantes. Este ano serán 23: Adriana Díaz, Antonio Fernández Martínez, Antonio Taracido, Chiña, Cristina Castro, Esther Chamoso, Francisco Javier Rodríguez, Isa Fernández, Lola Oviedo, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo Rama, Mon Lendoiro, Nolo Suárez, O ‘Miguelo, Peter Kramer, Risé, Santi Picos, Teresa Búa, Teresa Candal, Viki Rivadulla, Xervaxio Sar Vilela e Xesús Búa. A mostra, incluída na programación do Nadal Cultural carballes, estará aberta ata o 28 de xaneiro, en horario de 17.00 a 21.00, tódolos días da semana. No acto inaugural, ademais de coñecer o concepto e o estilo de cara un dos e das artistas participantes, tamén haberá música, xa que está prevista a actuación de "Las Antonias".

Comentarios