Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unhas 70 persoas informáronse do novo Bono da Luz en Muxía

Unhas 70 persoas informáronse do novo Bono da Luz en Muxía
foto charla bono social Con motivo dos recentes cambios no regulamento do Bono Social Eléctrico, e dentro da campaña Dalle luz a túa factura, o Concello de Muxía organizou unha charla informativa o martes, 30 de outubro de 2018, ás 11.00horas, no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples, impartida pola Unión de Consumidores de Galicia na que se lle deu a coñecer os/as asistentes , as principais recomendacións para aforrar no consumo de luz, facilitandolles a comprensión da factura eléctrica e os seus dereitos como consumidores/as. Ao acto asistiu o concelleiro de xuventude e deporte, Iago Toba Campaña, e persoal técnico do concello, así como máis de 70 veciños/as que se achegaron ao acto coa intención de informarse sobre un tema de moita repercusión na economía familiar.

Comentarios