Venres. 29.03.2024
El tiempo

UUAA chama á Costa da Morte á mobilización contra o abandono do rural e comeza con charlas en Vimianzo e Muxía

UUAA chama á Costa da Morte á mobilización contra o abandono do rural e comeza con charlas en Vimianzo e Muxía
Manifestacion Non ao abandono do rural UUAA O sindicato Unións Agrarias desenvolverá ao longo da semana que ven un calendario de asembleas cos produtores da Costa da Morte para informar sobre a mobilización contra da marxinación e o abandono co que a Xunta de Galicia castiga ao medio rural. A manifestación que partirá o próximo 18 de novembro as 11.30 da Alameda de Santiago de Compostela, será presentada o vindeiro 15 de novembro na Casa da Cultura de Vimianzo e o día seguinte no Salón do Voluntariado de Muxía. Desde a Consellería de Medio Rural continúase cunha campaña de anuncios de axudas económicas a produtores afectados polas calamidades climatolóxicas ou polas vagas de incendios, que á hora da verdade resultan incobrables na súa grande medida, polo articulado que fixa a propia norma, segundo sinala o sindicato. O último exemplo é o referido a comunicación realizada o pasado 4 de novembro pola conselleira Ángeles Vázquez, na que se anunciaba que se poñía a disposición de gandeiros e agricultores 1 millón de euros para garantir o aprovisionamento de auga as explotacións. Uns fondos que só se podían destinar a rehabilitar pozos existente e que estiveran rexistrados, quedando fóra da liña de apoio as novas captacións de auga. Despois das queixas dos produtores polo absurdo de non acoller na norma novos pozos, cando os existentes están secos, hoxe mesmo o Diario Oficial de Galicia anuncia que en determinadas circunstancias si se autorizará perforar novas captacións, pero que haberá que solicitar o permiso a Demarcación de Augas correspondente (Cantábrico e Miño-Sil dependentes do MAPAMA e Galicia Costa dependente de Augas de Galicia. Este trámite pode tardar, dependendo da complexidade da tramitación, de 1 ano a 18 meses co cal todas as axudas que se soliciten quedarán fora de prazo para poder ser xustificadas porque Consellería establece como data límite de xustificación e solicitude pago o 30 de setembro de 2018. Desde o sindicato Unións Agrarias pídese a Xunta de Galicia que deixe de xogar coa desesperación das xente do rural, anunciando liñas de axudas que logo non son cobrables. O mesmo ocorre coas anunciadas para cubrir os danos da xeada no viñedo que ían a estar dotadas de 11 millóns de euros na realidade a Xunta só destina 500.000 € para os viticultores que estean no réxime de autónomos, co que se exclúe ao restante 95%. Ou os 11 millóns para cubrir danos dos incendios que logo quedaron reducidos a só 1,5 millóns de Euros para o agro, o que non cubre nin sequera as perdas ocasionadas polos lumes nas forraxes.

Fonte

  • UUAA.

Comentarios