Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A voz satírica da mocidade muxiá xa está na rúa

Portada da revista Muxia hoxe e pasadomana
Portada da revista "Muxía hoxe e pasadomañá"
A voz satírica da mocidade muxiá xa está na rúa
Xa está na rúa, e arrasando, a nova revista “Muxía hoxe e pasadomañá”. Un grupo mozos e mozas da vila, vinculadas á Asociación Xuvenil Comarea, vén de poñer nos establecimentos a primeira publicación deste singular proxecto co que pretenden deixarse escoitar, coa ironía como ferramenta fundamental para naturalizar o debate político.

Unha revista “satírica xuvenil” na que a mocidade se pregunta, partindo da reflexión sobre “despoboamento, a turistificación e os problemas medioambientais”, se esta é a Muxía que queren. Unha deliberación que se recolle moi ben neste vídeo, unha das accións virtuais creadas para apoiar a campaña:

do vídeo do spot turístico, que é o contido online que maior impacto tivo e está tendo:

Un proxecto aberto

A estética lembra aquela mítica SuperPop. Unha das potencialidades do proxecto é o seu carácter aberto, intentando dar acubillo aos pensamentos de toda a mocidade da vila. Esa é a intención dos apartados “o coloquio” e “á túa opinión”, fiestras abertas a toda a xuventude que queira expresarse. Precisamente o coloquio copa a portada e nas redes tamén hai pequenas entrevistas sobre o futuro:

 

Onde atopalos?

Podedes seguilos nas redes: Instagram @muxiahoxe, o Facebook da @asoc xuvenil comarea e no canle de Youtube "Muxía Hoxe".

Pero para facerse cun exemplar, cómpre achegarse por:

  • Muxía: Franches / Arroutada / O Porto / Praia das Lanchas / Caramba / Comercio Os García.
  • Os Muíños : Peluquería Marina Busto
  • Ozón: O Cachán
  • Quintáns : Farmacia
  • Suxo : Bar Plaza do Pilar
  • Vilarmide: O Boallés
  • Senande: Bar A Coxa e Bar O Rego
  • Corcubión: Gavilla e no Ribeiro .

E agora que?

Ademais de disfrutar coa repercusión máxima que está tendo a revista (estase agotando cada día nos establecimentos), as vindeiras paradas serán os centros de ensino, nomeadamente o IES Ramón Caamaño. Ademais, nas vindeiras semanas subirán a revistaás redes.

Portada da revista Muxia hoxe e pasadomana 2

Novas relacionadas

Comentarios