Xoves. 21.11.2019
El tiempo

230 nadadores xúntanse este domingo na Travesía Costa Abanca Sisargas-Malpica

Imaxe dunha Travesía Illas Sisargas en 2013
Imaxe dunha Travesía Illas Sisargas en 2013
230 nadadores xúntanse este domingo na Travesía Costa Abanca Sisargas-Malpica

Este domingo, 11 de agosto, terá lugar a Travesía Costa Abanca by Duacode Sisargas-Malpica. Unha cita na que participarán 230 nadadores e que contará con dúas distancias, de 8 e de 4,2 quilómetros. A distancia longa, na que participan 80 nadadores, sairá ás 9.00 horas da praia de Area Maior de Malpica e terá a chegada no mesmo lugar. A proba curta, con 150 participantes, comeza ás 10.30 horas co embarque dos nadadadores no Porto de Malpica, para saír ás 11.00 horas das Sisargas. A meta estará situada tamén na praia de Area Maior.

O percorrido longo será dun traxecto en liña recta de ida e volta ás Sisargas, con avituallamiento aos 4 quilómetros. Os nadadores terán que chegar a aboiar de xiro nas illas nun máximo de dúas horas e os que non o consigan nese tempo serán recolleitos pola organización. A distancia curta partirá da Sisarga Grande para chegar en liña recta a Area Maior. Hai un teimpo de corte de 50 minutos para pasar aboiar do cabo de San Adrián, a un quilómetro da saída. O tempo límite nesta proba será de tres horas.

A entrega de trofeos está prevista para as 14.00 horas na praia e ás 14.30 horas, no Paseo Marítimo, celebrarase unha paella con todos os participantes nas probas.

Próxima cita, Fisterra

A seguinte proba da Travesía Costa Abanca by Duacode 2019 será a de Fisterra, o 1 de setembro. Para rematar, o 15 de setembro, a proba especial das Pontes poñerá o broche final a un verán repleto de probas deportivas acuáticas; con tres distancias, 1.500, 5.000 e 10.000 metros.

Comentarios