Sábado. 20.04.2024
El tiempo

6 dumbrieses, campións de España coa Selección Galega Infantil

Dumbrieses na Seleccion Galega de volei
Os 6 dumbrieses campións de España coa Seleccion Galega de volei
6 dumbrieses, campións de España coa Selección Galega Infantil

Parecía que non se podía dar máis alegrías nunha soa tempada. Pero esta camada de Infantís do Volei Dumbría non teñen teito. Despois de quedar ás portas do Campionato de España por clubs, 6 dumbrieses participaban esta pasada fin de semana no Campionato de España de Seleccións. Os Matias Lemus, Fran Garea, Tiago Fernández, Iago Larrañaga, Carlos Trinidad e Ismael Domínguez (como vemos en orde de esquerda á dereita) volven a casa ca medalla de ouro.

Fixeron un campionato inmaculado, marchando invictos de Valladolid ao gañar todos os seus choques.

Unha nova demostración de que a aposta municipal por este deporte augura un futuro prometedor.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios