Venres. 23.08.2019
El tiempo

Vimianzo acolle un Torneo Benéfico de Pádel para Íntegro

Vimianzo acolle un Torneo Benéfico de Pádel para Íntegro

A vindeira fin de semana de 14, 15 e 16 da xuño, a familia de Asociación Íntegro terá unha cita especial. Será nas instalacións de Pádel Costa da Morte, no polígono de Vimianzo, onde se celebre o Torbeo Benéfico de Pádel, que servirá para recadar fondos para a comprometida Asociación de integración de persoas con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra.

Un torneo que nace da colaboración anual que fai o espazo deportivo coa entidade, cedendo as instalacións para xogar a este deporte recibindo ademais nocións básicas da man de monitores.

A inscrición, ata o 8 de xuño) de cada xogador (14€) será doada á entidade. Coa inscrición entregaráselle a cada xogador a camiseta do torneo, unha botella de auga, un agasallo e o número de inscrito ademais de participar nun sorteo de curos de pádel, cea para dous…

O Torneo ten una duración total de 3 días asegurando un mínimo de dous partidos por inscrito, durante os que se xogarán partidos de exhibición cos usuarios da asociación

Colaboran no Torneo Berdeogas, Agrosoneir, Imprensa San Cristóbal, Frutas Salgado, Hostelfrío, Parrillada Edreira, Gadis, Elias Inmobiliaria, Porvir, Eorski City, Restaurante Mar de Laxe, A Casa da Canle e Mapfre Baio.

Novas relacionadas

Comentarios