Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Deputación pon en marcha un novo programa contra a violencia de xénero

A Deputación pon en marcha un novo programa contra a violencia de xénero
suprimeocontrol A iniciativa súmase ao programa "Suprime o control" posto en archas en varios centros de ensino A Deputación da Coruña, a través da súa área de Igualdade, botará a andar un novo programa de prevención da violencia de xénero en vinte concellos da provincia coruñesa de menos de 20.000 habitantes. O programa consistirá na realización de accións específicas para os diferentes grupos de idade, infantil, xuvenil e adulto. A iniciativa promoverá o diálogo e a participación social cunha metodoloxía activa e adaptada á realidade de cada unha das localidades con actividades continuadas ao longo do ano. “Consideramos que a concienciación social é a mellor ferramenta para previr e combater a violencia machista e por iso decidimos promover un programa continuado e que se achegase a todos os sectores de poboación”, sinala a deputada de Igualdade, Ánxela Franco da nova iniciativa da súa área. anxela franco deputacion Ánxela Franco, deputada de Igualdade, presentou o novo programa contra a violencia de xénero A iniciativa súmase a outros programas promovidos desde a área de Igualdade co fin de combater a violencia machista como “Suprime o control” que se desenvolveu nos centros de ensino dos concellos de Trazo, Touro, Malpica, Cerceda, Ponteceso, Boimorto, Dodro, Tordoia, Arzúa, O Pino e Mesía. O programa buscou actuar desde o ámbito educativo, ofrecendo ferramentas coas que traballar para a construción da igualdade con especial atención á violencia machista na adolescencia e a súa reprodución na actualidade por medio das aplicacións móbiles ou as redes sociais. "Suprime o control" terá continuidade nos cursos 2017-2018 e 2018-2019. Premios A área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero convoca tamén o premio Concepción Arenal para proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e rexeitamento de estereotipos sexistas e o concurso de Guións contra a Violencia de Xénero creado co fin de contribuír á reflexión, conciencia, sensibilización e prevención da violencia de xénero nunhas idades chave para a formación en igualdade. O mércores 25 e o xoves 26 reuniranse os xurados para escoller os traballos gañadores das novas edicións destes premios. En breve estrearase tamén a curtametraxe “Corazón amoratado”, gañadora da anterior edición do concurso de guións coa autoría de alumnado do Puga Ramón da Coruña. A área de Igualdade destinou tamén o pasado ano en subvencións a concellos un orzamento de 1.292.66,84 de euros ao que hai que sumarlle 362.000 para actividades, casas de acollida, premios e concursos e 200.000 para entidades e asociacións ligadas á violencia de xénero. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios