Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Selección da Costa de FSF Infantil prepárase para o Campionato Galego

A Selección da Costa de FSF Infantil prepárase para o Campionato Galego
 
foto da Selección da Costa Infantil Feminina que participou o pasado ano no Campionato Autonómico Foto da Selección da Costa Infantil Feminina que participou o pasado ano no Campionato Autonómico Este vindeiro venres 25 de xaneiro, a Selección da Costa Infantil Feminina comeza a súa preparación de cara ao Campionato Galego que se disputará a primeira fin de semana do mes de marzo. A Selección da Costa Infantil Feminina que dirixen Fran Toba e David Castro, concentraranse a partir das 17.15h. no pavillón de Baio para o primeiro test de preparación das infantís costeiras, as cales terán a súa primeira toma de contacto aínda que moitas delas xa se coñecen e outras xa asistiron a edición pasada do Campionato Galego de Seleccións Comarcais, na cal deron unha gran imaxe, competindo en todos os partidos que disputaron en Marín. Para este adestramento, os seleccionadores convocaron a un total de 13 xogadoras:
  • Cabana SD: Lucía Rodríguez.
  • Corme CF: Carla Pose.
  • SD Esteirana: Laura Caamaño;
  • UD Cerqueda: Paula Veiga da
  • Fisober FSF: Sharay Caamaño, Lucía Canosa, Saray Duarte, Uxía Lema, Lucía Martínez, Lucía Rodríguez, Alejandra Santalla, Nerea Suárez e Marta Andrade.

Comentarios