Luns. 24.06.2019
El tiempo

O Artai consegue o ascenso na súa segunda temporada

Foto-Castro
Foto-Castro
O Artai consegue o ascenso na súa segunda temporada

Máis de 300 persoas achegáronse ao Pavillón da Zona escolar escolar para arroupar a un Artai que estaba a un paso de ascender á 2ª Autonómica. En fronte recibían aos Bristol Tigers, un veteranos equipo coruñés aínda con gañas de medrar. Pero os carballeses non despercidiaron o primeiro balón de partido e conseguen o ascenso, apenas dos anos despois do debut na categoría sénior, cunha xornada de marxe para disfrutar.

Fase de Ascenso á 2ª Autonómica, xornada 5

  • Resultado: CALVO ARTAI - BRISTOL TIGERS (77-65).
  • Parciais: 19-16; 36-29; 56-48; 77-63
  • CALVO ARTAI: Jaime (12), Javi López (9, 3 triplos), Marcos, Alesandro (10), Abraham (11, 1 triplo), Fer Mariño (0), Sergio (13), Adrián (3), Bruno (8, 2 triplos), Javi Rei (8, 2 triplos) e Iván (3, 1 triplo)
  • BRISTOL TIGERS (16 13 19 15): Barreiros, Veiga (18, 1 triplo), Óscar (8), Ramudo (10, 1 triplo), Alvarenga (0), Fernández (11), Borja (0), Ruppen (2), Pico (12, 2 triplos) e Rei (0).

Artai contra Bristol Tigers-Foto-Castro

O equipo de Alberto García e Pablo Moreira leva dous anos de cine. Dende a súa creación leva xa unha Copa Coruña e este ascenso, nunha temporada espectacular, co equipo invicto dende febreiro, logo de enfrontarse aos mellores equipos da delegación na fase regular e gañar os cinco partidos xogados ata agora na liguilla de ascenso.

Este non foi o mellor partido dos carballeses, que non puideron dominar o xogo, ante un cadro local que sufriu a descalificación do seu mellor xogador, Borja, aos tres minutos de xogo. O partido estaba plagado de erros, pero e foi no comezo do último cuarto cando o Artai, con catro triplos seguidos de Javi López (2), Abraham e Iván, cando escapaban definitivamente.

Festa ao grande no pabellón, con camisetas commerativas e cos xogadores celebrando o ascenso con botellas de champán.

Artai contra Bristol Tigers-Foto-Castro 1
​Fotos: Castro

Novas relacionadas

Comentarios