Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Artai e Xiria disputan na casa sendas fases de ascenso

10062021 baloncesto (4)
Na presentación das Fases estiveron Xosé Regueira, concelleiro de Turismo e vicepresidente da Deputación; Marcos Trigo, concelleiro de Deporte; José Manuel Villamarín, vicepresidente segundo da Federación Galega de Baloncesto; Evencio Ferrero, alcalde de Carballo; a directora do CPR Plurilingüe Artai, Macarena Mato; o presidente do CB Artai, Joaquín Moreira, e o director deportivo da Escola Basket Xiria, Arturo Ferraces.
Artai e Xiria disputan na casa sendas fases de ascenso

Volve Carballo convertirse en epicentro deportivo. Esta fin de semana celébranse dúas fases de ascenso de basket.

Por unha banda, a fase de ascenso a 2ª División Autonómica Sénior, organizada polo CB Artai, entre os que está o Turismo Carballo. A cita será o sábado 12 no pavillón Vila de Noia,co seguinte formato:
- 10:00 horas (1ª semifinal): Turismo Carballo-Esclavas.
- 12:30 horas (2ª semifinal): ADFRO-CB Ames.
- 18:00 horas: final.

Fase de ascenso a 1ª División cadete feminina

Pola única praza de ascenso loitarán tamén os 8 equipos participantes na fase de ascenso na categoría cadete feminina, organizada pola Escola Basket Xiria: Celta Zorka de Vigo, CB Noia, Estudiantes de Lugo, Santo Domingo de Betanzos, Salesianos Vigo, Clb Cortegada de Vilagarcia, Baxi Ferrol e o anfitrión Xestoría Queijo Xiria Artai.

O equipo local medirase en cuartos de final ao Baxi Ferrol o sábado 12, ás 12:45, no pavillón Carballo Calero. Os partidos repartiranse entre esta instalación e a cancha do IES Isidro Parga Pondal. A final será o domingo 13 ás 12:30 horas.

Comentarios