Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Brais Sánchez Cancela gaña en Mondariz a primeira proba da Copa Galega de Slalom 2022

Podium Brais Sanchez en Mondariz
Brais Sánchez no alto do podio
Brais Sánchez Cancela gaña en Mondariz a primeira proba da Copa Galega de Slalom 2022

Disputouse a pasada fin de semana na vila pontevedresa de Mondariz a proba inaugural da Copa Galega de Slalom 2022. A ela acudía o CDM Piraguismo Dumbría con numerosas baixas debidas á pandemia que tan fortemente está asolando a nosa comarca.

A pesar delo, os representantes costeiros fixeron unha boa competición, destacando a vitoria no C1 Cadete de Brais Sánchez Cancela tras gañar tanto a manga de clasificación coma a final.

En canto o resto da representación costeira, os irmáns Martín e Sara Fernandez Romar no K1 cadete, só foron quen de alcanzar o 4º posto, quedando fóra do podium ambos por apenas un segundo.

Do resto da representación do Piragüismo Dumbría, Marco Oreiro no C1 Senior e Xesús Pena Cundíns foron quen de alcanzaron a final, aínda que sin sorte no resultado final. Tamén debutaba en competición Mariña Suárez que tras un moi bo inicio de manga pagou a novatada e non foi quen de meterse nas finais.

Marco Oreiro
Marco Oreiro

Comentarios