Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Cadro de honra case completo para un frío e completo Duatlón de Reis

Cadro de honra case completo para un frío e completo Duatlón de Reis
Imaxe do Duatlón de Reis do ano pasado Imaxe do Duatlón de Reis do ano pasado David Calzas (gañador das ediciçons 2016 e 2017), Manuel Piñeiro (gañador da 18), Marcos Mayo (gañador da 15), Pablo Mira (primeiro gañador en 2010), Mar Delgado (gañadora das 17 e 18), Bea Romero (da 16), Priscila Suárez (da 15) ou Victoria Fernández (da 13), son algúns dos participantes do cadro de honra que participarán este domingo 13 de xaneiro no X Duatlón de Reis Concello de VImianzo. Xa vai unha semana dende que se cubriron as 240 prazas ofertadas para esta tradicional proba, que se celebra en Castromil. Precisamente Delgado e Suárez parten como favoritas en categoría feminina, mentres que Piñeiro, Calzas e Mayo fano na masculina. Este ano ademais da competición individual, inclúese tamén a modalidade de participación por parellas na que un dos membros do equipo fai as carreiras a pé (segmentos 1 e 3), mentres que o outro ten que cubrir a carreira en bicicleta (segmento 2). A organización premiará aos tres primeiros, aos primeiros locais e á primeira parella cunha medalla. Ademais, como ven sendo habitual dende fai varios anos, todos os que suben ao podio en cada unha das categorías recibirán unha cesta de produtos patrocinadas por empresas da parroquia de Salto: Agrosoneira, Grupo Benedicto, Clínica Vimianzo Saúde, e Vístete tenda de moda. En canto ao operativo da organización estará composto por un total de 50 persoas entre membros de protección civil, policía local, ambulancias e servizo médico, e voluntarios. Segundo as previsións meteorolóxicas, agárdanse ceos despexados e temperaturas baixas á hora de celebración da proba, pero para combater o frío, os participantes e o público poderán degustar un chocolate ben quente e rosca de reis.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/david-calzas-vence-a-segunda-proba-do-circuito-galego-de-duatlon/ https://quepasanacosta.gal/o-duatlon-encheu-de-deporte-as-ruas-de-muros/

Comentarios