Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As caras novas, protagonistas da posta en marcha do Calvo Xiria 21-22

Fichaxes e Xuvenis do Bm Calvo Xiria 21-221
Fichaxes e Xuvenís que promocionan neste novo Calvo Xiria 21-22
As caras novas, protagonistas da posta en marcha do Calvo Xiria 21-22

Posta de longo a vivida este luns no Pavillón Vila de Noia para este Calvo Xiria 2021-2022. O equipo de Adrián Dubra realizou a primera sesión de adestramento da tempada, de novo coa ilusión do ascenso en mente, tras 10 anos quedando ás portas da División de Honra Prata.

As sensacións foron moi boas, cunha calurosa benvida a Rökkvi Pacheco Steinunnarson e a Carlos Martín Guisasola, quen xa viviron de preto o que é o Calvo Xiria.

Tamén foron protagonistas os rapaces que promocionan dende os xuvenís, Diego Antelo, Mario Cancela, Carlos Varela e Aaron Rodríguez, que xa experimentaron o seu primeiro entreno como xogadores de pleno dereito do primeiro equipo verde e negro, aínda que o último deles traballou á marxe do grupo ao estar inmerso no proceso de recuperación da lesión que sufriu a pasada tempada.

Con todo, o corpo técnico non puido contar con todos os efectivos, xa que Álex Gómez se encontra en corentena debido ao Covid-19.

Calvo Xiria 21-22 inicio entrenos

Comentarios