Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O carballés Mateo Pallas, convocado para unha concentración coa Selección Española de Balonmán Xuvenil

Mateo Pallas 20-21
O carballés Mateo Pallas, convocado para unha concentración coa Selección Española de Balonmán Xuvenil

Boas novas para a familia do Calvo Xiria, nesta semana de comezo de activiidade. O gardameta xuvenil Mateo Pallas (Carballo, 2005), vén de ser convocado para as xornadas de tecnificación que a Real Federación Española de Balonmán convoca no Centro de Alto Rendemento de Serra Nevada.

Do 14 ao 21 de setembro, terá unha gran oportunidade para gozar dunha experiencia única cos mellores xogadores da xeración 2004-2005 e demostrar todas as súas enormes cualidades, as cales o levaron a ser partícipe de algo tan importante como son estas xornadas de tecnificación.

Comentarios