Mércores. 22.05.2019
El tiempo

Carballo inaugura o Campionato Galego de Autocross 2019

Setenta pilotos citaranse este sábado no Circuíto Municipal de Bértoa nunha nova proba organizada pola escudería local Máis Motor
    

Carballo inaugura o Campionato Galego de Autocross 2019

Expectación  máxima en toda Galicia para o Campionato Galego de Autocross, que este ano arranca en Carballo. Farao este sábado no Circuíto de Bértoa coa proba que organiza, como xa é habitual, a escudería local Máis Motor en colaboración co Concello de Carballo, Carballo Deporte e a Federación Galega de Automobilismo.

Uns 70 pilotos, entre eles os máximos favoritos ao título en todas as categorías, sairán de partida. Na clase I (vehículos de estrita serie), o actual campión, Iván Muíño -que esta tempada lidera a categoría Off- Road do certame nacional tras acadar a vitoria nas dúas citas disputadas- terá a difícil misión de revalidar o título. Enfronte, entre outros, estará Tinín Iglesias, subcampión en 2018 e campión en 2017.
Na clase II -destinada a vehículos de tracción dianteira con motores de máis de 1.600 centímetros cúbicos-, Javier Candal defende título co seu Citroën Saxo fronte a rivais directos como Tino Iglesias (Ford Festa R2), sete veces campión autonómico. Na xornada de adestramentos non puido estar Mario Ríos, pero si confirmou a súa presenza en Bértoa o sábado.

Na categoría reina, carcross, non faltarán Joaquín Chamorro co Kincar, a marca da que é fabricante; o arteixán Pablo García (vencedor en 2017) e o afincado en Carral Antón Muíños (2016). Da man de Yacarcross, o carballés Javier Ramilo arrincará a pelexa polo título que se lle resistiu nas últimas tempadas. Outros pilotos da zona dos que están moi pendentes os afeccionados son Daniel Vázquez, Daniel Mariño (esta tempada, con Kincar) e Alberto Lorenzo.
Entre os vehículos da media ducia de fabricantes presentes esta fin de semana en Bértoa veremos o modelo A Base RX01, deseñado e fabricado en Carballo.

Horarios

  • 9–11.45: verificacións administrativas e técnicas.
  • 12: sesións de adestramentos libres.
  • 13.15: sesións de cualificación.
  • 15.30: semifinais.
  • 17.15: finais B.
  • 18.20: finais.

 

Cartel Autocross Carballo 2019

Comentarios