Venres. 19.04.2024
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría coloca 4 deportistas nas finais da Copa de España de Xoves Promesas

Brais Sanchez do Piraguismo Dumbria
Brais Sánchez na proba murciana
O CDM Piragüismo Dumbría coloca 4 deportistas nas finais da Copa de España de Xoves Promesas

Despois de proclamarse Campión Galego, o dumbriés Brais Sánchez vén de acadar o cuarto posto no C1 Cadete Copa de España de Xoves Promesas. O CDM PIragüismo Dumbría meteu catro palistas nas finais na cita celebrada esta fin de semana na vila murciana de Calasparra, en augas do río Segura, estrenando o campo de slalom da localidade arroceira. Unha demostración do potencial costeiro neste deporte a nivel estatal.

Ademais, Na categoria infantil femenina, Sara Fernández Romar e Aroa Lopez Piñeiro foron crecendo según gañaban confianza co decorrer das mangas. O domingo na final foron finalmente quinta e septima respectivamente. Na categoría Masculina, Xesus Pena Cundíns foi o único galego da final pero se viu perxudicado por un problema da celula xusto cando se dipuña a tomar a saida, o que o descentrou e lle impediu facer a súa mellor manga.

Pola súa banda, na categoría cadete, os representantes do CDM Piragüismo Dumbría, Brais Sánchez Cancela e Martín Fernández Romar rozaban os dous a clasificación para a final, aínda sendo ambos cadetes de primeiro ano. As penalizacións por toques nas portas llo impidiron no K1, pero no C1 Brais foi quen de clasificarse para o final, e aí fixo a súa mellor actuación da tempada, rozando o podium cun fantástico cuarto posto que a ben seguro que lle dará muita moral de cara os Campionatos de España que terán lugar en Sabero, León, a finais do mes de agosto.

A representación do Cdm Piragüismo Dumbría a completaba Borja Cives Caamaño, que acudíu a esta competición a seguir aprendendo, e do que estamos moi satisfeitos do seu desempeño. O CDM Piragüismo non cesa na súa actividade, e xa este vindeiro fin de semán acudirá novamente á vila lleidana de Sort para disputar os Campionatos de España Absoluitos con varios dos seus deportistas.

NOVAS RELACIONADAS

 

Comentarios