Mércores. 20.11.2019
El tiempo

O Kick Boxing Dumbría volve con catro metais e o Ponteceso con 2 do Campionato Galego

O Kick Boxing Dumbría volve con catro metais e o Ponteceso con 2 do Campionato Galego

O Club Deportivo Dafit - Kick Boxing Dumbría vén de participar no Campionato Galego de KickBoxing disputado en Ourense. O equipo costeiro levou 4 participantes, liderados polo coach Dani Lema. E 4 medallas que volven para a Costa da Morte.

Paty Túñez trouxo dous metais, como Campiona Galega KickBoxing 2019 Kick Light (-60) e como Subcampiona Galega KickBoxing 2019 Point fighting (-60).

Laura Montero subiu ao chanzo máis alto do podio como Campiona Galega KickBoxing 2019 Light Contact (-60). E o mesmo fixo Paula Martínez, campiona Galega KickBoxing 2019 Light Contact (-65).

Non puido volver con medalla, pero si cunha experiencia espectacular o pequeno Samuel Sambad Lema, que quedou eliminado en Cuartos.

Dafit Kick Boxing a

Por bando da Escola Kick Boxing Ponteceso participaban Martín García García e Nerea Amado Baneira. Martín quedaba campión galego modalidade tatami sport mentres que Nerea subía oa terceiro chanzo do podio.

Nerea Amado e Marting Garcia do Kick Boxing Ponteceso

Novas relacionadas

Comentarios