Venres. 19.04.2024
El tiempo

Convocadas as axudas para que os concellos e as asociacións melloren as súas infraestructuras

Convocadas as axudas para que os concellos e as asociacións melloren as súas infraestructuras
xunta axudas concellos A convocatoria anunciouna onte o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, durante a súa visita a unha asociación veciñal de Vedra O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, anunciou onte durante a súa visita á asociación veciñal Unión y Progreso de Vedra das tres ordes de axudas que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de publicar no Diario Oficial de Galicia para que concellos e colectivos veciñais poidan mellorar as súas infraestruturas públicas. Ovidio Rodeiro visitou as instalacións da sociedade acompañado pola súa xunta directiva e polo alcalde da localidade, Carlos Martínez Carrillo. O delegado territorial comprobou o resultado do investimento realizado pola Xunta de Galicia no acondicionamento do local, no que se investiron 15.000 euros. O delegado territorial explicou que as entidades interesadas xa ponde solicitar as axudas relativas ao Fondo de Compensación Ambiental, á mellora das infraestruturas para concellos de menos de 30.000 habitantes e para as asociacións de veciños ou comunidades de usuarios. O obxectivo é axudalas no financiamento de proxectos promovidos por estas entidades locais e asociacións cun importe conxunto de preto de 11 millóns de euros. Rodeiro incidiu en que a primeira liña de axudas é unha orde de convocatoria para o outorgamento de subvencións específicas para investimentos destinadas as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia ou comunidades de usuarios de augas debidamente inscritos no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais. Solicitudes Estas axudas contan cun orzamento de un millón de euros, xa teñen aberto o prazo de solicitudes, que é de 1 mes, e teñen como finalidade contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal para a realización de investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos que lles corresponda o dereito de uso, camiños veciñais e traídas de augas veciñais coa finalidade de mellorar a prestación dos servizos de interese veciñal análogos aos encadrados como servizos básicos municipais na lexislación básica de réxime local, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, contribuíndo deste xeito a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza. O DOG tamén publica a orde pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017, destinadas a entidades locais de Galicia. O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial. Para o financiamento da convocatoria de subvencións destínanse un total de 7,7 millóns de euros. Por último, a terceira liña de axudas é a relativa a orde pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020. Para a concesión destas axudas destínase un crédito por un importe total de preto de 2 millóns de euros (1.986.666).

Comentarios